Quen somos?

Somos un proxecto emprendedor e galego, orientado á consultaría e a xestión cultural, con especial interese en deseñar, xestionar e avaliar proxectos que solucionen as inquedanzas culturais dos nosos clientes.

Dirixímonos a todo tipo de organizacións, públicas e privadas, que desenvolvan proxectos en contextos diversos e que pretendan unha mellora cualitativa das súas ofertas culturais e socioeducativas dirixidas á cidadanía.

Somos unha equipa multidisciplinar cunha dilatada experiencia no sector cultural, institucional e administrativo galego. Somos profesionais dinámicos abertos, comprometidos e en continua formación para aportar as mellores solucións aos clientes que confían en nós.

Cada solución que necesiten os nosos clientes son un reto para nós, que trataremos como propio con especial preocupación polos detalles e a innovación, baseada sempre nos avances das ciencias sociais, especialmente nos ámbitos da pedagoxía, as ciencias da cultura e a politoloxía, incorporando calquera outra perspectiva que mellore o servicio final.